‘A partes iguais’, en Brabádegos

Pois veredes,
isto era unha moza
que, á falta de traballo,
botouse a andar en busca de fortuna.
No medio dunha leira
atopouse con Brazodegorila.
A moza díxolle:
—Queres vir comigo?
—Son libre —respondeu el—.
Nin obedezo xefes nin sirvo señores.
—Repartirémolo todo a partes iguais —dixo ela.

A partes iguais, escrita por Darabuc e ilustrada por Lina Žutautė, é a historia dunha proposta xusta e equitativa, chea de valores, como adoitan ser os álbums de Oqo, ricos en valores, onde  a moza recruta ao longo do seu periplo outros tres personaxes máis: Orellademorcego, Fociñodetouro e Ollodeaguia. Cada un deles cunha habilidade física especial e única. Nun principio, utilizarán as súas destrezas no beneficio do grupo e, finalmente, ao servizo de todos os habitantes dunha vila sometida á tiranía dun rei cruel, inxusto e mentireiro. Gonzalo García, Darabuc, decidiu recuperar e facer unha versión deste conto popular, un dos seus favoritos de neno, ao consideralo adecuado e “valioso” ante o momento socioeconómico actual: “permite reflexionar sobre as relacións de desigualdade entre os individuos na sociedade e desta cos seus gobernantes”. Unha historia moi ben ilustrada e chea de cor, marcada co carácter aventureiro do conto que tan ben plasman as ilustracións coloristas de Lina Žutautė, realizadas con óleo sobre cartón, aínda que retocadas dixitalmente ao final.

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo A partes iguales, Álbum ilustrado, Contos en galego, Reseñas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s