‘Tres han de ser’, en A Nosa Terra

Sol quere casar con tres homes

Oqo Editora publica ‘Tres han de ser’, con texto de Darabuc e ilustracións de Fátima Afonso. Un moderno conto con reminiscencias clásicas pero moi atractivo para os nenos de hoxe en día.

Darabuc construíu un conto que por veces parece tirado do saber popular de calquera pobo. Ten unha moza (definida como normal pero ben especial no fondo), unha nai preocupada polo futuro da filla e tres galáns: Fausto, Lázaro e Ícaro, pretendentes a casaren coa moza Sol.

E o caso é que a Sol gústanlle os tres e quere casar cos tres. A nai, ben estrañada pola proposición, vai argallar un sarillo para que só poida quedar un coa súa pequena. É por iso que lles vai encomendar unha difícil misión aos tres. O que ela non sabe é que do resultado desa misión pode depender a vida da rapaza.

A tradución do castelán é de Laura Rubio. Edita Oqo.

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Álbum ilustrado, Reseñas, Tres han de ser?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s